Autodefensa Feminista

LÉSBICAS CREANDO
É  un proxecto baseado no Empoderamento Feminista, que sitúa as identidades que están nas marxes da estrutura social como o centro de acción, poñendo a voz e o corpo en primeira persoa, creando realidade e posibilidades.

10


AUTODEFENSA FEMINISTA
Facemos Autodefensa Feminista dende esta perspectiva, e considerámola un elemento indispensable de protección e loita contra a violencia machista.

A violencia machista é estrutural: constrúese e ampárase na propia estrutura social, esténdese ao longo de toda a nosa vida como mulleres e aféctanos a todos os niveis: físico, emocional, psicolóxico, social…
Vital.

Por iso a Autodefensa Feminista é integral, traballando a todos os niveis e contra todas as violencias, conectándoas a esta estrutura de opresión e posibilitando un traballo consciente e colectivo sobre os elementos da socialización e da realidade de xénero, dende un lugar de resposta e empoderamento.

TRABALLAMOS
Con grupos de mulleres, revalorizando as ferramentas que posuímos a nivel individual e colectivo, potenciando as nosas propias claves de seguridade e resignificando as nosas experiencias. Tomamos como prioridade o benestar do grupo; cómo estamos e nos relacionamos durante o curso é parte fundamental da formación, así como o tempo e espazo para atender as necesidades que aparezan. A propia relación entre nós como facilitadoras forma parte do traballo, e actúa como espello. Plantexamos as dinámicas de forma que poidamos realizar un traballo progresivo, diversificado e interdisciplinar, abordando tanto técnicas físicas como elementos emocionais, psicolóxicos, relacionais… Dende unha perspectiva de crear e ampliar posibilidades fronte á violencia.

OBRADOIROS (flexibles en formato e horas)
– Autodefensa Feminista / 3h
– Autodefensa Feminista + / 6h
– Formacións específicas

EN FLASHMOB!
Lexitimidade e poder de autodefensa, con Mercedes Peón

Link vídeo

 


SOMOS

Cristy Tojo

CRISTY TOJO

MAI INSUA

MAI INSUA

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s