Empoderamento Erótico

OBRADOIRO ABERTO A MULLERES DE CALQUERA VIVENCIA SEXUAL E ORIENTACIÓN.

As dinámicas non conteñen exposición de nudez.


A sexualidade é unha das bases da nosa personalidade, unha das raíces a través da que vivimos, a través da que nos nutrimos, sostemos, medramos. Explorala e coñecernos máis ábrenos posibilidades fortalecedoras e pracenteiras!

Este obradoiro de Empoderamento Erótico é unha proposta integral. Nel tomamos pensamento e corpo como dous elementos vertebradores, e facémolos dialogar e danzar tanto agarrados como soltos. Dous elementos interconectados que se reforzan mutuamente, xerando un movemento de apertura ao crecemento erótico.

Danzaremos entre…
Empoderamento EróticoCREAR A NOSA ERÓTICA
Este será un percorrido para coñecernos máis a nós propias e como nos vivimos a nivel sexual; para despedirnos de mitos, normas, imaxes fixas… E explorar que é para nós a erótica, que nos erotiza e como vivir máis conectadas co pracer e a través das nosas potencialidades. Unha posibilidade para achegar á nosa vida as experiencias que queremos.

VIVENCIAR O PRAZER
Exercitar-se no prazer é re-descubrir o caminho que nos leva a uma fonte de poder e conhecimento.

A erótica, enquanto expressao da força criativa e mobilizadora da libido, supõe recuperar e afiançar a nossa capacidade de sentir, de desfrutar. Vivenciar o prazer é uma proposta para afiançar a nossa relaçao com a vida e com a plenitude.

Através da  música, movimento, contato e outras expressões    trabalharemos a conexao com o prazer, entendéndo-o como canal de comunicação com a vitalidade, a intimidade, a afetividade, a identidade e a criatividade.


CONTIDOS
A SEDUCIÓN COMO ACTITUDE ANTE A VIDA
– Apertura, dispoñibilidade, curiosidade e xogo
– Intuición, sabedoría e poder
– Reivindicar a sedución para a vida
– Seducirnos a nós mesmas

SACUDINDO O MODELO ERÓTICO
– Identificar o modelo erótico do que partimos
– Desfacernos de mitos, estereotipos e imposicións
– Conectar co que gostamos e desexamos
– Deseñar a nosa propia erótica

CORPO DE PRACER
– Coñecernos e habitarnos
– Trazar o noso mapa erótico
– Despertar os sentidos
– A autonomía do pracer

AQUÍ E AGORA: MATERIALIZAR POSIBILIDADES
– Dialogar coas emocións
– Comunicar
– Negociar
– Camiñar cara os desexos

*OBRADOIROS flexibles en formato e horas

SOMOS

MAI INSUA

MAI INSUA

Mari

MARI FIDALGO

Advertisements

One thought on “Empoderamento Erótico

  1. Pingback: Obradoiro de Empoderamento Erótico – Revirada

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s