O NOME (é) O PROXECTO
Lésbicas Creando é un proxecto interdisciplinar para o benestar e empoderamento das identidades nas marxes, que recibimos violencias específicas polo noso xénero e/ou pola nosa identidade-orientación sexual.
Traballamos dende diferentes correntes de desenvolvemento persoal-colectivo.
Falamos e facemos en primeira persoa.
Tomamos a potencia das marxes e
CREAMOS POSIBLIDADES
MAI INSUA (Galiza)
Creadora de Lésbicas, coido e alimento o proxecto en alianza constante con outras. Son Psicóloga e Terapeuta Sexual especializada en xénero, diversidade sexual e sex-positive. Activista lésbica e feminista con pluma para vivir e escribir. Apaixoada da sexualidade como motor humano e lugar de conexión; do crecemento persoal cheo de revolución-pracer-amor; da identidade muller e lésbica e do noso poder trasnformador.
Cinturón marrón de Taekwondo WTF e formadora de Autodefensa Feminista.
Actualmente desenvolvo o meu traballo a través de terapia, workshops, escrita, charlas e formacións, accións, cotidianidade.
EN ALIANZA CON LÉSBICAS CREANDO, AQUÍ E AGORA:
CRISTY TOJO (Galiza – Venezuela)
4º Dan de Karate, 2º Dan de Goshin, 2º Dan de Autodefensa Feminina, 2º Dan de Autodefensa Policial, Árbitra nacional A de kata e kumite. Subcampiona de España de combate 2008 (kumite -53kg), Subcampiona de España de Autodefensa 2016 (goshin senior).
Directora e Presidenta do Clube Deportivo Avalon Kai.
***************************************************************
DJ TRÍBADE (Galiza) / Residente ConaFest
Apaixonada da música, reivindicando e visibilizando a través da mesa de mezclas. En sesión para facervos bailar e desenfrenar.
Feminista, galega, macarra.
Todo amor.
*******************************************************************************************
HENAR ALONSO (Galiza – Canarias)
Deseñadora e fotógrafa.
Nacida frente ao mar, cos pés na terra e a mente sempre voando.
O corpo e alma de HA!! studio, un pequeno estudo de deseño e fotografía que traballa dende o respeto, facendo deseños responsables sen cargas sexistas e exentos de roles prestablecidos.
***************************************************************
MAR F. CENDÓN (Galiza)
Son mar, e montanha. Devezo por ser tamén mineral.
Tenho formación en Ciencias Políticas e Estudos de Xénero e dedícome a proxectos vinculados ao feminismo no ámbito da educación, a divulgación e a comunicación, o activismo, a creación artística e en todos os meus proxectos de vida.
Reivindico a vulnerabilidade e a resistencia e creo nas posibilidades das minhas mans para crear volumes e nas das raíces para devir nitroglicerina.
***************************************************************
MARI FIDALGO (Galiza – Brasil)
Psicóloga, feminista, ativista social na construçao de vidas dignas, plenas, em liberdade e felizes.
Um compromisso que me leva a experimentar e indagar em varios campos de ação, nos quais cruzam-se variáveis como o gênero, a classe, as migrações, os direitos sociais e a educação popular.
Um caminho partilhado e inspirado por muitas outras, que despertou o meu interesse em investigar sobre o corpo, o movimento e a interação grupal como veículos de mudança pessoal e coletiva.
Pingback: Autodefensa Feminista | Lésbicas Creando
Pingback: OBRADOIRO DE EMPODERAMENTO ERÓTICO | Lésbicas Creando
Cal sería o prezo??
GústameGústame